Saltar ao contido

Middle East Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Middle East Airlines
IATA
ME
OACI
MEA
Indicativo
CEDAR JET
Fundación31 de maio de 1945
Plan de voo frecuenteCedar Miles
AlianzaSkyTeam
Frota20
Destinos31
HoldingBanque du Liban
Eslogan da compañíaFrom Lebanon to the World
SedeBeirut, Líbano
Páxina web: http://www.mea.com.lb/

Middle East Airlines – Air Liban S.A.L. (árabe: طيران الشرق الأوسط ـ الخطوط الجوية اللبنانية‎‎ Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ - al-Khuṭūṭ al-jawiyyah al-lubnāniyyah), comunmente coñecida como Middle East Airlines (MEA) (árabe: طيران الشرق الأوسط‎‎ Ṭayyarān al-Sharq al-Awsaṭ), é a aeroliña nacional do Líbano. Ten a súa sede en Beirut, preto do aeroporto Internacional Rafic Hariri. Realiza voos internacionais regulares a Asia, Europa, Oriente Medio e África dende o seu centro de conexións no aeroporto Rafic Hariri.

Middle East Airlines é membro da alianza de aeroliñas SkyTeam, a Organización Árabe de Aeroliñas (AACO), e a Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA). A compañía expresou o seu interese por converterse en membro asociado da alianza SkyTeam a principaios de 2006 nunha conferencia de prensa en Nova York. O 28 de febreiro de 2011 MEA asinou oficialmente o acordo de asociación con SkyTeam nunha cerimonia en Beirut. O 28 de xuño de 2012. MEA uniuse oficialmente á alianza para converterse no seu 17º membro, ademais do seu segundo membro do Oriente Medio.

En setembro de 2016 a frota de Middle East Airlines estaba formada polos seguintes avións:[1]

Frota de Middle East Airlines
Avións En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
J Y Total
Airbus A320-200 13 1 24 102 126 Un avión pintado coa librea SkyTeam.
Airbus A321-200 2 31 118 149 Un avión pintado cunha librea especial retro. Serán retirados en 2017.
Airbus A321neo 10 TBA 185 As entregas comezarán en 2018.
Airbus A330-200 5 44 200 244
Total 20 11
  1. Planespotters (ed.). "Frota de MEA en Planespotters". Consultado o 5 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]